Acerca…

Un cineclube é unha asociación cultural dedicada á promoción, á divulgación e ao estudo do feito cinematográfico e audiovisual en xeral. As súas actividades máis coñecidas son, polo xeral, as proxeccións de filmes que non chegan doutro xeito ás pantallas comerciais (tanto de estrea como clásicos), mais tamén busca organizar charlas, cursos, certames e encontros arredor do cinema. Adoita considerarse o primeiro cineclube o creado polo francés Edmond Benoit-Lévy en París en 1907, aínda que o cineclubismo en si non nace até a década de 1920. O cineclube máis antigo dos activos en Galicia é o Cineclube Pontevedra, fundado en 1954.

Durante a década dos setenta producíronse varios intentos de constituír unha Federación dos cineclubes de Galicia. O máis relevante foi en 1977 cos cineclubes Pontevedra, Padre Feijoo (Ourense) e Valle-Inclán (Lugo), entre outros. Foi en 1983 cando, na IX Semán de Cine do Carballiño, se acordou poñer as bases da asociación, que se constituíu en xullo de 1984 na Semana de Cine de Vilagarcía como Federación de Cineclubes de Galicia, co obxectivo de dinamizar o cineclubismo galego.
Desde entón, a Federación formalizou acordos cos cineclubes de Portugal, como a creación da Comisión Luso-Galaica de Cooperación Cinematográfica e Cineclubista, e desenvolveu, entre outras actividades, os ciclos Clásicos do cine americano (1984), Clásicos do cine europeo (1985), Ciclo Grandes obras do cine (1987), Vive Cine Galego (1988, 1989 e 1990), e organizou varias edicións do Certame de escritos sobre a historia da Galicia cinematográfica (desde 1986) e un Curso de Cine de Animación (1989).
A Federación de Cineclubes de Galicia pertence á Confederación de Cine-clubs del Estado Español e á Fédération Internationale des Ciné-Clubs (FICC). Como membro desta última ten participado na configuración de xurados do Premio Don Quixote, que se outorga en diversos festivais internacionais, como Karlovy Vary, Leipzig ou Évora.

Advertisements

Podes comentar se o desexas, é de balde!

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s