Post

Memoria visual do ano 2011, nos cineclubes de Galicia

En feciga o Novembro 26, 2011 por salademaquinas Etiquetado: , ,

t

A MORTE POLA INCOMPETENZA E A IGNORANCIA DA XUNTA DE GALICIA

En política o Novembro 1, 2011 por salademaquinas Etiquetado: ,

“Queren matar a cultura de base, e así convertir a Galicia, nun exemplo mundial de referencia, ao desprotexer a formación e a cultura cinematográfica dos cidadáns, desprezando aos espectadores actuais, e esquencendo a débil situación da industria audiovisual, ao anular a proxección da actividade cineclubista de xeracións futuras”

(Manuel Precedo Barbeito; Presidente da Federación de Cineclubes de Galicia, e Sº do Cineclube Padre Feijoo de Ourense)


Os cineclubes, son as principais institucións cinematográficas nas vilas e cidades nas que radican. A Federación de Cineclubes de Galicia, agrupa a case duas ducias de cineclubes, que se estenden por case todas as comarcas de Galicia, fronte a inexistente rede pública de salas que proxecten cine (“non theatrical”, ou cine independente, de autor, documentais, curtas,etc. )

Ademáis os cineclubes, cumpren unha función formativa e cultural, que non existe garantida por parte de actores privados, e onde a Administración tampouco a oferta, agás na cidade da Coruña, por medio do Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI), que pagamos todos os galegos, pero que solo programa nunha cidade.
A Xunta de Galicia, desde aproximadamente 20 anos, -os mesmos do CGAI- colaboraba coa actividade dos cineclubes, mediante a firma dun convenio coa rede galega de cineclubes federados, ao obxecto de fomentar a formación e difusión cinematográfica, a proxección de obras galegas e apoio a actividade cultural propia, que o CGAI non ofrecía, polas comarcas e cidades do resto de Galicia.

A relacións cos diferentes gobernos, non sempre foron fáciles, aínda que o interlocutor era sempre algún órgano dependente da presidencia, as cantidades comprometidas variaban, entre 60-30, e 24 mil euros -in extremis-, no último ano.

Froito dunha falta de estratexia e política audiovisual, nesta lexislatura, os interlocutores foron mudando; primeiro a Secretaria xeral de medios, dependente do Presidente da Xunta , segundo o Consorcio Audiovisual de Galicia, e logo para finalizar un periplo de oito meses; na Consellería de Cultura e o responsable do Agadic.

Sen embargo, pasouse da importancia capital na cultura cinematográfica, recoñecemento da labor desenvolta, -con case 50 anos en algún dos cineclubes galegos-, a comunicar se nos, por medio dunha triste…e a bo seguro funcionaria “responsables dos marróns”, (da Axencia Galega de Industrias Culturais -?!-), que este ano; “ é difícil, que hai moita crise…e que polo tanto…” non habia orzamento posible. Cero.

Resulta paradóxico, que nunha entrevista co Conselleiro Roberto Varela e o responsable do AGADIC, Juan Carlos Fasero, dixeran que era “inexplicable a falta de apoio do Consorcio do Audiovisual, porque tiña que haber prioridades…”

Resulta que, nos 10 meses transcurridos, ninguén soupera da crise, e utilice a mesma, como argucia, sen máis argumento, para explicarlle aos 22 cineclubes; sen máis información que ofrecer, aos espectadores do Barco de Valdeorras, Chantada, ou Goián, que non só perderán un cineclube, senón tamén a posibilidade de ver cine.

Talvez, os administradores da cousa pública, non se decaten do volume de negocio que pode desaparecer dentro da industria cinematográfica, por canto arredor de 189 mil euros como mínimo deixaran de ingresar as productoras e distribuidoras, pola desaparición dos cineclubes. Seguramente, acostumados as grandes cifras do monte Gaiás, o xacobeo, etc, pensen na pouca importancia, e mesmo desprezen o volume de espectadores acumulados nos últimos anos ( máis de 58 mil), pero coa desaparición dos cineclubes, pérdese, aparte da cultura cinematográfica, e nalgunhas vilas; a costume do cine, censúranse ao mesmo tempo, as oportunidades artísticas e a transversalidade que posúe o cinema na educación.

Con todo, a pesar dos parches que se escoitan reclamar da industria, seguiremos a escoitar sobre o pirateo do cine, sen reparar na oferta cinematográfica que se ofrece habitualmente nos multicines -operados polas multinacionais-, e sen analizar outras formas de distribución alonxada do mainstream. Así, quen sofre é a producción propia dun país, que non pode acceder nas mesmas condicións, e que ata agora era visible na digna e humilde presencia das xanelas que podían ofrecer os cineclubes.

Lóxicamente na situación actual, hai prioridades, e entederíamos os recortes para garantir, as pensións, a sanidade a educación, …pero dentro da labor cultural, non se entende as inversións soamente nunha cidade, e abandonar ao resto; porque aparte da súa desigualdade territorial provoca unha inxustiza, con respecto a outras actividades patrocinadas pola Administración, por exemplo; a visita do Papa, o Xacobeo, ou mesmo as actividades “estrelas” para visitar a cidade “da cultura”, convertido a xestión cultural, nun canastro cheo de vacuidade e publicidade.

Deste xeito, directa e indirectamente, se perderán futuros espectadores, perderá a propia industria cinematográfica, os postos de traballo, directos e indirectos … e sobre todo, pérdese no futuro, o traballo cultural presente, e o desenvolto ata agora; gañando para os anais da historia do cine en España, que Galicia, foi a primeira comunidade do estado, en liquidar os cineclubes, pola desidia dos seus administradores.

——————

Nota: Esta artigo, enviouse aos medios de comunicación de Galicia, como nota de prensa, xunto cun memorandum da actividade dos cineclubes de Galicia, durante os dous úlimos anos.

Lamentablemente hai que dicir, que foi censurado e ninguneado, supoñemos por non molestar á institución… que rega con abundantes cartos dos galegos a supervivencia dun modelo de xornalismo, que así lles vai.

Post

ENCONTROS DE CINECLUBES EN OURENSE

En encontros cineclubes o Novembro 1, 2011 por salademaquinas Etiquetado:

O vindeiro fin de semana, 5 e 6 de novembro, xuntáranse cineclubes de toda Galicia, Portugal, e unha representación do audiovisual galego, e da Federació catalana de cineclubs.

O punto de encontro será en Ourense, no auditorio municipal, e servirá para o debate do sector audiovisual, especialmente no sector cineclubista, comparando o funcionamento dos distintos actores participantes, e ao mesmo tempo para reclamar unha política audiovisual á Xunta de Galicia, que carente de estratexias, quere deixar sen apoios ao cineclubismo galego.

O programa, se completa entre outras, coa proxeccións de filmes, unha conferencia sobre a distribución cinematográfica, impartida polo produtor, crítico e xornalista; Pepe Coira, e un concerto tributo ao poeta Lois Pereiro, polo grupo Ondas Martenot.

Podes consultar, e descargar o programa…

program encontros cc2011 ourense

O encontro servirá tamén para presentar o memorandun dos cineclubes de Galicia, nos dous últimos anos, do que extractamos a continuación un adianto.

MEMORANDUN DOS CINECLUBES DE GALICIA

A Federación de Cineclubes de Galicia, é unha rede de 22 asociacións culturais espalladas no ámbito rural e urbano de Galicia, adicadas á formación e promoción da diversidade cinematográfica.
Actualmente, están presentes dunha forma máis ou menos activa en; Chantada, Monforte, Lugo, O Barco de Valdeorras, Vilagarcia, Amoeiro, Moaña, Boiro, Sarría, Salceda de Caselas, Redondela, O Carballiño, Ourense, Allariz, Santiago de Compostela, Pontevedra, Cangas,  Baixo Miño, e Vigo.

A historia de moitos cineclubes galegos comenza, a mediados do século pasado, alcanzado notables fitos na historia do cinema  en Galicia; como as Xornadas do cine das nacionalidades en Ourense, arredor dos anos 70, a realización -desde a década dos 80 ata hoxe- dos  encontros audiovisuais con Portugal, (para amosar e desenvolver os traballos audiovisuais dos alumnos da escolas de cine, mediante o premio compartido primeiro Olhar)  e o apoio á labor dos cineclubes, na organización de mostras, semanas e ciclos de cine, así como a creación e mantemento dunha importante colección de fondos  bibliográficos e videográficos.

Estas, e outras actividades propias da exhibición de variadas cinematografías, acadou inmediatamente o recoñecemento do público,  mantivo o activismo cultural propio dos cineclubes, e inclus,  recibíu premios e mencións públicas; como o premio especial José Sellier da Academia Galega do Audiovisual, ao Cineclube Pontevedra (2004), o premio Morogo, pola labor cultural ao Cineclube Padre Feijoo de Ourense (2010),etc.

Para realizar estas funcións, os cineclubes de cada localidade, reciben os ingresos dos socios,  cos bonos axuda da súa entrada á proxección, -de cando en vez-  algunha subvención dos concellos de influencia, e unha axuda da  Federación de Cineclubes de Galicia, cun cupo cupo de filmes, subvencionados, que axudan a mitigar os custes, consistentes principalmente, no  aluguer de sala de cine  (se é o caso, como por exemplo, en Ourense; ao Cine Box), pagar  os dereitos  de exhibión polo filme, a publicidade da proxección, o teléfono das xestións,etc.

Este traballo -dos cineclubes-  é voluntario e non está renumerado. Sen embargo é gratificante, por canto se aportan títulos imposibles nas grellas dos cines, ou mesmo supoñen, a única existencia de programación cinematográfica (Por exemplo; no Barco de Valdeorras (Ourense), Chantada (Lugo) ou Goián (Pontevedra).

Incluso, dentro da súa propia dinámica,  os cineclubes desenvolven blogs con información cinematográfica, revistas, follas de sala, charlas, exposición, conferencias,etc. Convertíndose en verdadeiros motores culturais e formativos.

Outra labor importante, é a promoción de novos valores audiovisuais, mediante a difusión, na rede  dos cineclubes galegos, da proxección de curtas, do programa “Cinemas dixitais”, o fornecemento do premio Primeiro Olhar -compartido coa Federación portuguesa de cineclubes-, para poñer en valor aos estudantes da escolas do audio visual de galicia e Protugal, e organización de mostras audiovisuais nas letras galegas, concursos infantís, etc.

Os custes da federación son mínimos, pois soamente comportan os custes do aluguer da súa sede (Ramón Cabanillas,1 Ourense), teléfono, e o salario da persoa encargada das negociacións coas distribuidoras e produtoras, para a xestión dos dereitos de exhibición dos filmes. (O orzamento de 2010, foi de apenas vintecatro mil euros)

Na memoria dos dous últimos anos, os cineclubes proxectaron 559 produccións audiovisuais, das cales 181 foron en galego. Siguen por nacionalidades, as filmografías exhibidas deFrancia con 71 títulos, EEUU 63, España 53, Italia 35, Alemaña 18, Brasil e Arxentina 15,Xapón 14, etc, ata completar 35 nacionalidades diferentes, que conforman unha diversidade cultural, inexistente na grella das salas comerciais, sen a actuación dos cineclubes.

O número de espectadores aproximado, foi de  58.000 espectadores, sen incluir o público que asiste ás proxeccións na prazas públicas durante o verán.

Aínda que a media de espectadores, nos cineclubes galegos,  sitúase no último ano en un centenar de persoas por  cada sesión, o Cineclube  de Ourense (Padre Feijoo), chegou a contabilizar tres centenares de espectadores nalgunha das súas sesión do último ano. (Cheagando a encher 2 salas)

Consonte datos de 2009-2010, o cineclube que maís actividade desplegou, foi o Groucho Marx, do Barco de Valdeorras (Ourense), que coa desaparición, apáganse tamén as posibilidades de ver cine.

Pola contra, na vila do Carballiño (Ourense), que non existía cine, éste se recuperou grazas ao reinicio das actividades do cineclube Carballiño, a finais do 2010.

En resumo,  se as películas se filman, se subvencionan, pero se abandona calquera apoio, por mínimo que este sexa, onde se van a ver?

Se a labor cineclubista, a pesar do apoio do espectador, non pode ser cuberta pola iniciativa privada, onde estan os alicerces da Administración que garantan o dereito e acceso constituicional á cultura?

E por último, cal é a estratexia audiovisual dun país ?…que abandona o camiñado, para dirixirse ao empobrecemento cultural, e pintar un auténtico paraxe talibán, na verde Galicia.

t

Carta aberta (a quen corresponda)

En política o Outubro 5, 2011 por salademaquinas Etiquetado: ,

Estimados e estimadas,

O pasado ano, realizamos u esforzo adicional ao habitual.

Aparte da labor habitual, para preparar e fornecer proxeccións aos cineclubes de Galicia, tivemos que convencer as que gobernan da utilidade e funcións dun cineclube.

Non estivemos sós no esforzo, porque pedísmolle ás distribuidoras de cine independente, que mandaran unha carta ao Presidente da Xunta, para que non remataran en seco coa traxectoria dos cineclubes galegos.

A finais do ano pasado, in extremis, recibimos unha mínima axuda, para manter a infraestrutura da Federación, que consiste básicamente, no pago de aluguer da sede e o salario da xerente, encargada das relacións coas distribuidoras, que ten un contrato de media xornada.

Este ano, despois de tentar descubrir, para que sirve o Consorcio do audiovisual de Galicia e a quen sirve “un presidente dun Consorcio que nin siquera é capaz de defender o seu posto de traballo”, amparamos á nosa solución directamente ao presidente da Xunta, para que sen intermediarios, nos derá unha solución definitiva. Fumos derivados ao Conselleiro de Cultura e ao ourensán responsable do AGADIC.

Nunha xuntanza típica, chea de boas intencións e parabéns á labor cineclubística, con preguntas sen resposta do conselleiro, polo falta de seriedade e prioridades do consorcio, chegamos a un compromiso;  agardar un pequeno prazo, para buscar unha solución.

Seríamos avisados, -nos daba igual que fora por carta, correo electrónico, pomba mensaxeira ou mesmo, por darlle un toque máis cinematográfico, ata estaríamos dispostos a comprar un zapatófono para recibir unha solución.

Os próceres da Cultura, auguraron fai pouco o gran potencial da industria cultural

Despois dun mes, só se nos pon ao teléfono á secretaria. Nos di, que hai unha crise económica, e comprenderedes, que non é necesario saber, que dentro das prioridades da Xunta, polo visto estan traer o Papa ou o David Meca, antes que gastar 24 mil euros ao ano, en 22 cineclubes repartidos en toda Galicia.

Así, que sirva esta carta aberta, aos reis, aos republicanos, aos cidadáns,… para advertir, que se nos cineclubes…non vedes cousas incribles, é porque chegou o tempo de chorar, e queren que isto, sexa o tempo para morrer.

Máis aló de Orion ou das portas da cidade da cultura, veredes as prioridades culturais, veredes tamén falar dos dereitos das compañias á horade esixir dereitos á propiedade intelectual, pero nunca falarán dos dereitos dos espectadores, do acceso cultural, ou da (in) formación dunha opinión, porque, así non nos queren.

Necesitamos vintecatro mil euros ao ano, para seguir traballando polo cine independente e de calidade nos cineclubes de Galicia, e queremos algún gobernante responsable que acuda aos compromisos culturais adquiridos;  sei que ao mellor e moito pedir, pero vendo o patio, conformámonos con facer oportuna camapaña de renovación dos cargos dos informais, escuridos ou imbéciles, que non nos entenden, e non queren, e conquerir, os cartos para seguir cun traballo de dinamización cultural e cinematográfico, que nalgunha cidade dura xa más de 40 anos.

t

RIP; A remix manifest (VOSG)

Etiquetado: , , , , , , , , on Maio 31, 2011 por salademaquinas

Deixar un comentario

Post

Un espazo para as novas do cineclubismo

En Uncategorized o Marzo 7, 2011 por salademaquinas

Federación de Cineclubes de Galicia

Estamos a crear un espazo para as novas da Federación dos Cineclubes de Galicia.

Máis info: http://feciga.org

Seguir este blogue

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.